O pasado 8 de marzo celebramos no cole o día Internacional da Muller. Aproveitando que a data coincidía coa semana da prensa, nas aulas traballáronse ámbalas dúas efemérides de diversas formas.
Con diversas lecturas, investigación en prensa e unha ampla variedade de manualidades (brazaletes, banderíns, marcapáxinas, murais...) os nenos e nenas fomentaron a súa creatividade ao tempo que festexaban estas datas tan importantes.
Fixeron un magnífico traballo!!