Remata o mes de outubro coa xa tradicional Festa do Samaín do noso Colexio. Este curso voltamos a organizar o Concurso de cabazas. Foron expostas no Centro para que os alumnos puidesen apreciar a creatividade das nosas familias. O equipo de normalización lingüística propuxo aos alumnos do colexio presentar un vídeo relatando en galego un conto de medo. Non faltaron manualidades, contos, vídeos e cancións para amenizar esta festa, na que os nenos e nenas vestían disfraces terroríficos. Deixo algunhas fotografías pero tedes mais nos blogues de cada aula e da biblioteca.