O día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.
Os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a nosa biblioteca e descubriron as moitas actividades que poden facer nela. Os alumnos de primeiro segundo e terceiro de primaria recibiron a formación de usuarios (coñecer as normas da biblioteca, os diferentes rincóns...), tamén fixeron unha bonita manualidade: uns minilibros para decorar a biblioteca e o corredoiro principal do colexio. Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto fixeron unha pescuda do tesouro na que ademáis de divertirse, coñeceron as diferentes seccións da biblioteca. Pero debo sinalar que a que mellor o pasou ese día foi a nosa mascota da biblioteca: A Xoaniña Maruxiña estaba encantada con tantas visitas!