Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates

Bo día familias:

En setembro o noso centro solicitou unhas subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliciencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. 

O obxectivo principal da solicitude foi poder dotar dun aula dixital básica, con panel dixital interactivo e ordenador portátil, as aulas de 5º e 6º de Educación Infantil. Esta mellora supuxo non só un beneficio para o alumnado destas aulas, se non para todo o alumnado de Educación Infantil, pois a pantalla dixital que compartían as tres aulas é agora só de uso e disfrute dos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. 

A continuación poderedes ver o resultado das obras e actuacións, esperamos que vos gusten!!

 

 

Estimadas familias:

Facilitámosvos os días non lectivos que corresponden a este Centro para o curso 2022/2023:

 

• Mércores 12 de outubro (día do Pilar)

• Luns 31 de outubro (día do Ensino)

• Martes 1 de novembro (día de tódolos Santos)

• Martes 6 de decembro (día da Constitución)

• Xoves 8 de decembro (día da Inmaculada Concepción)

• Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, ambos inclusive (vacacións de Nadal)

• Luns 20, martes 21 e mércores 22 de febreiro (Entroido)

• Martes 28 de marzo (día da Reconquista)

• Do 3 de abril ao 10 de abril, ambos inclusive (Semana Santa)

• Luns 1 de maio (día do Traballador)

• Martes 2 de maio (non lectivo aprobado polo Consello Escolar)

• Martes 17 de maio (día das Letras Galegas)

• O último día de curso será o mércores 21 de xuño.

 

Aproveitamos a ocasión para saudarvos atentamente.

A DIRECCIÓN

Remata o curso 2021/2022 e despedímonos cunha excursión de convivencia ao Pirata Park  e cunha gran Festa de Fin de Curso.Na festa  houbo xogos, música, "pelis", divertidos maquillaxes e  agasallallos para os campións das Olimpiadas San Fermín deste ano.

Os alumnos e alumnas de  6º de E. Infantil e 6ºde E. Primaria despedíron a súa etapa educativa con cadansúa  Festa de Gradación, acompañados de mestres e familias os nenos e nenas desfrutaron dunha bonita festa na que, ademáis da entrega de diplomas e bandas, houbo discursos, vídeos da promoción e unha merenda estupenda. 

Felices vacacións !!

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. No cole San Fermín os nenos e nenas levan toda a semana preparando moitas actividades relacionadas con este día tan sinalado.

Este ano fixéronse dúas grandes actividades de convivencia nas que participaron todos os alumnos e alumnas: a creación dunhas fermosísimas árbores da paz e o traballo da canción “Y digo Stop” a través dun videoclip no que participa todo o cole.

Ademais tódalas clases traballaron tamén actividades individuais coma a realización de muráis, carteis, sinais… e lectura sobre diferentes premios Nobel da Paz.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!

Xa queda pouco para as vacacións de Nadal e os nenos e nenas do colexio participan na decoración do colexio. Este ano pedimos aos alumnos e alumnas que trouxeran estrelas feitas por eles e o colexio está precioso: hai estrelas de diferentes tamaños e materiais e todas locen penduradas no corredor principal do Centro.

Cada aula celebrou a súa festa: música, xogos, lambetadas, roupa elegante e ......a visita  do Rei Gaspar.

Cómo nos gusta o Nadal! Boas festas a todos!

Nos blogs de aula atoparedes fotografías das festas, manualidades, vídeos....

O alumnado do Centro realizou diferentes actividades cara o 25 de novembro: " Día contra a violencia cara ás mulleres". Este ano todos pintaron lazos violeta para decorar as fiestras das aulas. Cancións, contos ou vídeos seleccionados polos mentres axudan aos nenos e nenas a detectar os diferentes tipos de violenca sobre as mulleres. Os alumnos de terceiro fixeron o vídeo "Non máis bágoas", no que visibilizan o xesto co  que as mulleres poden sollicitar axuda. 

O venres 12 de novembro celebramos o tradicional Magosto no noso Colexio. A pesares das restricións e distancias entre grupos, saímos a divertirnos ao patio: xogos, música e castañas quentiñas.  Este ano trouxo as castañas asadas unha peculiar castañeira que nos divertiu moito coas súas bromas. Non vos perdades as fotografías e os vídeos dese día tan especial.

Remata o mes de outubro coa xa tradicional Festa do Samaín do noso Colexio. Este curso voltamos a organizar o Concurso de cabazas. Foron expostas no Centro para que os alumnos puidesen apreciar a creatividade das nosas familias. O equipo de normalización lingüística  propuxo aos alumnos do colexio presentar un vídeo relatando en galego un conto de medo. Non faltaron manualidades, contos, vídeos e cancións para amenizar esta festa, na que os nenos e nenas vestían  disfraces terroríficos. Deixo  algunhas fotografías pero tedes mais nos blogues de cada aula e da biblioteca.

 

día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades. 

Os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a nosa biblioteca e descubriron as moitas actividades que poden facer nela. Os alumnos de  primeiro  segundo e terceiro de primaria recibiron  a formación de usuarios (coñecer as normas da biblioteca, os diferentes rincóns...), tamén  fixeron  unha bonita manualidade: uns minilibros para decorar a biblioteca e o corredoiro principal do colexio. Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto fixeron unha pescuda do tesouro na que ademáis de divertirse, coñeceron as diferentes seccións da biblioteca.  Pero debo sinalar que a que mellor o pasou ese día foi a nosa mascota da biblioteca: A Xoaniña Maruxiña estaba encantada con tantas visitas!

Estimadas familias:

Facilitámosvos os días non lectivos que corresponden a este Centro para o curso 21/22:

• Luns 11 de outubro (día do Ensino)

• Martes 12 de outubro (día do Pilar)

• Luns 1 de novembro (día de tódolos Santos)

• Luns 6 de decembro (día da Constitución)

• Martes 7 de decembro (aprobado polo Consello Escolar)

• Mércores 8 de decembro (día da Inmaculada Concepción)

• Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos inclusive (vacacións de Nadal)

• Luns 28 de febreiro, martes 1 de marzo e mércores 2 de marzo (Entroido)

• Luns 28 de marzo (día da Reconquista)

• Do 11 de abril ao 18 de abril, ambos inclusive (Semana Santa)

• Martes 17 de maio (día das Letras Galegas)

• O último día de curso será o mércores 22 de xuño.

Aproveitamos a ocasión para saudarvos atentamente.

A DIRECCIÓN

Página 1 de 10

Buscar Colexio San Fermín

« Diciembre 2022 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Cookies