Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. No cole San Fermín os nenos e nenas levan toda a semana preparando moitas actividades relacionadas con este día tan sinalado.
Este ano fixéronse dúas grandes actividades de convivencia nas que participaron todos os alumnos e alumnas: a creación dunhas fermosísimas árbores da paz e o traballo da canción “Y digo Stop” a través dun videoclip no que participa todo o cole.
Ademais tódalas clases traballaron tamén actividades individuais coma a realización de muráis, carteis, sinais… e lectura sobre diferentes premios Nobel da Paz.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!
Nos blogs de aula atoparedes fotografías das festas, manualidades, vídeos....
O alumnado do Centro realizou diferentes actividades cara o 25 de novembro: " Día contra a violencia cara ás mulleres". Este ano todos pintaron lazos violeta para decorar as fiestras das aulas. Cancións, contos ou vídeos seleccionados polos mentres axudan aos nenos e nenas a detectar os diferentes tipos de violenca sobre as mulleres. Os alumnos de terceiro fixeron o vídeo "Non máis bágoas", no que visibilizan o xesto co que as mulleres poden sollicitar axuda.
O venres 12 de novembro celebramos o tradicional Magosto no noso Colexio. A pesares das restricións e distancias entre grupos, saímos a divertirnos ao patio: xogos, música e castañas quentiñas. Este ano trouxo as castañas asadas unha peculiar castañeira que nos divertiu moito coas súas bromas. Non vos perdades as fotografías e os vídeos dese día tan especial.