Chegou a semana previa ao Entroido e no noso Colexio mantivemos a tradición de seguir as indicacións do "MECO" por tolas que parecesen: este ano viñemos ao colexio en pixama, disfrazados de vellos, de bebés, de animais ou de profesións; tamén nos deixou traer un disfrace libre. Nas aulas fixemos máscaras, gafas e outras manualidades divertidas de Entroido.
Deunos moita mágoa non poder sair á rúa coa tradicional Comparsa pero temos que sacrificar esta divertida tradición para sair canto antes desta situación de Pandemia e das consecuentes restriccións. Por sorte uns divertidos superheroes apareceron polo Colexio este ano para combatir o virus! Tamén resultou impresionante ver coma un enorme dinosauro apareceu polo colexio facendo trasnadas! En fin unha semana moi deivertida na que quedamos abraiados coa orixinalidade de moitos dos disfraces. Podedes comprobalo nestas fotografías e tamén nas que hai nos blogs de aula.
La última semana de enero se realizaron en el colegio San Fermín actividades encaminadas a concienciar a los alumnos hacia la resolución de conflictos de forma pacífica y en contra de cualquier forma de violencia; festejamos así el "Día Escolar por la Paz y la no Violencia", que se celebra cada 30 de enero. Este año los diferentes grupos de alumnos y alumnas se ocuparon de dar visibilidad a destacados premios Novel de la Paz, compartiendo sus trabajos con el resto de alumnos y alumnas. Comparto imágenes de los trabajos sobre Nelson Mandela, Martin Luther king, Rigoberta Menchú y Malala Yousafzai realizaos por nuestros alumnos.
Ainda que o protocolo "anticovid" non permitiu que organizásemos moitas das tradicionais actividades de Nadal do colexio, adaptamos moitas delas para que os alumnos e alumnas desen a benvida ao Nadal. Os alumnos e alumnas de primaria elaboraron unha "arbore dos desexos" que decorou o corredor principal do Centro. Nenos e nenas escribiron un desexo nunha bola de papel e a decoraron, logo cada aula elixiu as que se colocarían na árbore.
Deixo enlaces ao vídeo grabado cos alumnos e alumnas de terceiro de E. Primaria e o audioconto dos nenos e nenas de primeiro e segundo de E. Primaria. Tamén deixo algunhas fotografías do intercambio de manualidades dos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto. Os nenos e nenas de sexto escribiron e cantaron unha panxoliña e os nenos e nenas de Infantil fixeron manualidades e unha festa de Nadal e cada aula.... Tampoucon faltou a visita de Papá Noel, ainda que virtualmente xa que enviou un vídeo personalizado a cada grupo de alumnos. Nos blogs de aula podedes ver mais fotografías das actividades.
A semana do 25 de novembro o alumnado do centro realizou diferentes actividades encamiñadas á concienciación ante a violencia de Xénero: vídeos, contos, debuxos e a participación na VIII Andaina contra a violencia de xénero. Moitos mestres, alumnos e familias enviaron fotografías da andaina cos dorsais impresos para a ocasión co lema "Camiño cara o respecto". Deixo o vídeo que recopila as fotografías. Podedes ver nos blogs de aula outras actividades.
A última semana do mes de outubro sempre preparamos actividades para celebrar a popular "Festa do Samaín". Este ano tivemos que adaptar as actividades para garantir a seguridade ante a COVID-19 polo que o tradicional "Concurso de Cabazas" tivo que facerse cunha exposición das fotografías dos traballos . Moitas grazas a todas as familias participantes e parabéns a Sophia, Bernardo e Thiago, gañadores deste ano. Deixo na galería as fotografías para que poidades comprobar a gran creatividade e destreza amosada por todos.